Variables asociadas á competencia gramatical e léxica en galego e castelán do alumnado de Galicia ao final do ensino obrigatorio

  • Xaquín Loredo Gutiérrez
  • Bieito Silva Valdivia

Resumen

Os estudos sobre competencias lingüísticas realizados con probas específicas en Galicia son escasos e non abordan as variables que inflúen nos resultados. Neste traballo analízanse os factores sociodemográficos, sociolingüísticos e escolares que inciden na competencia gramatical e léxica do alumnado de 4º da ESO de Galicia en galego e castelán. A análise de correlación canónica revelou unha incidencia similar nas dúas linguas da variable de rendemento académico lingüístico, pero discrepancias no protagonismo doutras: mentres nas competencias en castelán inciden de maneira especial variables relacionadas co nivel socioeconómico, nas competencias en galego teñen maior peso as variables sociolingüísticas e o sexo. As conclusións confirman a relevancia social e educativa de explorar os factores que condicionan a competencia bilingüe e a necesidade de afondar neste campo de investigación.

Publicado
2014-10-31
Cómo referenciar
LOREDO GUTIÉRREZ, Xaquín; SILVA VALDIVIA, Bieito. Variables asociadas á competencia gramatical e léxica en galego e castelán do alumnado de Galicia ao final do ensino obrigatorio. Revista de Investigación en Educación, [S.l.], v. 12, n. 2, p. 191-208, oct. 2014. ISSN 2172-3427. Disponible en: <http://reined.webs.uvigo.es/index.php/reined/article/view/257>. Fecha de acceso: 26 sep. 2021
Sección
Artículos